Colección

A colección do MEMC está formada na súa meirande parte por obxectos da vida cotiá que a veciñanza pontesa e galega empregou ao longo do tempo. Trátase fundamentalmente de útiles, ferramentas e apeiros, moitos deles fabricados artesanalmente polas persoas que os empregaron e cuxa datación vai dende o século XIX até a actualidade.

A exposición permanente do museo conta con preto de 2.600 obxectos expostos e preto de 500 documentos accesibles en liña (fotografías, documentación, videos e audio).

A exposición permanente do MEMC está organizada por seccións nos dous andares cos que conta o edificio que acolle o museo, do seguinte xeito:

Plano do museo