Cruceiro do Freixo – II

Cruceiro do Freixo – II

Vista xeral do cruceiro do Freixo - II

Exemplar de cruceiro de formas antigas, posiblemente de finais do século XVIII (1783). As proporcións do varal e da cruz son pequenas e se lle engadimos que carece de capitel, a impresión que dá é a dun  cruceiro pequeno.

Vista da grada e do pedestal.

PLATAFORMA:

De forma cadrangular, dúas gradas, a inferior de grosor o dobre ca superior.

O material é de laxas de ollo de sapo, colocadas a xeito de manpostería.

Pedestal

O PEDESTAL:

É circular, con remate moldurado e baixo. Leva unha ampla molduración de toro e escocia a xeito de base ática.

Inscricións na parte superior do varal.

O VARAL:

É un fuste ou varal curto, de sección octogonal, con arranque cadrado e final cadrado (aínda que en maior tramo que no inferior ou arranque). Neste final leva unha inscrición que se le con dificultade e di (o lexible):

ESTECA

LVARIOL

OHIZOD

OMAN

ARE

ESANJU

 

No outro lateral, aínda máis deteriorado e que completaba a inscrición, atopamos a data de 1783, ben lexible.

RJO

AÑO DE

1783

Non está de todo lexible, hai letras que non se len.

A CRUZ:

A Cruz é pequena e de forma grega (brazos iguais) e de sección octogonal ao igual co varal. Ten os extremos lixeiramente bifurcados. O remate dos mesmos  é a xeito florenzado con botón central esaxerado, case unha bola. O capitel é inexistente ou se estragou. A base da cruz está unida cunhas grampas de ferro ao varal.

Imaxe do Cristo

CRUZ ANVERSO, O CRISTO:

É un Cristo pequeno e desproporcionado, pegado á cruz. Ten a testa inclinada cara á dereita, con ampla melena. Os ollos pechados e grandes. Pano de pureza suxeito con cordón e anoado á dereita. Os brazos son longos e desproporcionados con respecto ao resto do corpo; coas mans abertas e un cravo en candansúa e outro nos pés. O pé dereito sobre o esquerdo e apoiados nunha caaveira, a xeito de peana (símbolo do triunfo sobre o pecado).

Non leva coroa de espiñas, nin letreiro ou carteleira de INRI.

Imaxe da Piedade

CRUZ REVERSO, A VIRXE:

A imaxe da Virxe é unha Doorosa, de tamaño pequeno e sinxela. Vai metida ou acubillada nun fornelo, capela ou “hornacina” tamén pequena. Leva coroa grande e un manto. As mans cruzadas sobor do peito.

OUTROS DATOS:

O material do pedestal, do varal, da cruz, do Cristo e da Virxe é granito; o das gradas é de laxas de mampostería de ollo de sapo. A conservación, por mor dos anos, non é moi boa.

A familia Sanjurjo de Montenegro ten relación con esta igrexa do Freixo, posiblemente as últimas letras SANJU… do varal se refiran a algún Sanjurjo.