Restauración
Está é a tarefa que máis tempo e dedicación demanda de todas cantas a Fundación MEMC leva a cabo. Cando chegan novos obxectos veñen polo xeral en malas condicións de conservación e é moi importante darlles un tratamento anticouza se son de madeira ou antiferruxe se son de ferro. A maiores realízase un bernizado ou imprimación para tratar de alongar a vida útil do obxecto.