Visitas en grupo
Debido á situación excepcional provocada pola pandemia do COVID-19, as visitas que se realicen en grupos de máis de 5 persoas deberán contar cunha organización previa. O procedemento nestes casos é que nos chamedes uns días antes da visita para organizar as quendas guiadas e acordar un horario que nos veña ben a todos. Podedes contactarnos chamando ao 670509697, cubrindo o formulario ou ben enviándonos un correo a info@montecaxado.gal.