MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO
O MEMC inicia a súa andaina no curso escolar 1984/1985 no colexio público “Monte Caxado” das Pontes. Xorde dunha proposta plantexada polo mestre José María López Ferro ao claustro de profesores para a creación dun museo etnográfico no centro educativo.

Colección

A colección do MEMC está formada na súa meirande parte por obxectos da vida cotiá que a veciñanza pontesa e galega empregou ao longo do tempo. Trátase fundamentalmente de útiles, ferramentas e apeiros, moitos deles fabricados artesanalmente polas persoas que os empregaron e cuxa datación vai dende o século XIX até a actualidade.

Museo

Nun contexto de industrialización do municipio xunto coa creación dunha mina de carbón a ceo aberto, o patrimonio cultural etnográfico das Pontes estaba en risco de desaparición, polo que se pretendía con este museo tratar de salvagardar unha parte dos obxectos, útiles e ferramentas dos lugares que ían desaparecer, mantendo viva a lembranza dos seus propietarios e transmitindo ás xeracións máis novas os usos, costumes e tradicións dos seus devanceiros.

Visita o noso arquivo dixital

Fotografía

Accede ao arquivo fotográfico [+]

Constituído por máis de 3.300 instantáneas da nosa vila e bisbarra. Constitúe unha auténtica xanela na que ollar ao pasado máis recente para recoñecernos como sociedade e sorprendernos de como eramos nós, e os que nos antecederon.

Biblioteca

Accede á Biblioteca [+]

Constituído por máis de 2.700 documentos públicos e privados. A través da lectura dalgúns destes documentos podemos entender como era a sociedade no século pasado, as modas e tendencias sociais e culturais que foron evoluindo, e as formas contractuais e legais que nos demos para avanzar.

Videoteca

Accede á videoteca [+]

Un lugar dende o que ollar a nosa vila e as nosas xentes, a través de varios filmes dispoñibles en liña en diferentes páxinas web. A chegada da industrialización á nosa vila, os nosos emigrantes na Habana, a visita dos reis de España, son algúns dos filmes que poderás ver na nosa videoteca.

Audioteca

Accede á audioteca [+]

Neste espazo quixemos rendir unha homenaxe a quen foi mestre para nós, o cronista oficial da nosa vila, crego e amigo, D. Enrique Rivera Rouco. Grazas á colaboración da RTVEume do Concello das Pontes, podemos escoitar fermosas historias da nosa vila na voz do Cura dos Chaos, a través das grabacións da radio local.