Divulgación

Outra das actividades fundamentais que realizamos é a de dar a coñecer os costumes e tradicións asociados aos obxectos que forman parte do noso museo. Os obxectos non son elementos inertes, teñen a súa propia historia, vencellada ás persoas que os construiron, imprimíndolle moitas veces o seu carácter e persoalidade, empregándoos para construir o mundo que hoxe vivimos. É por iso moi importante salvaguardar a súa memoria, para valorizala e transmitila ás xeracións vindeiras.